Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski ten un accidente de tráfico sen sufrir feridas graves

Zelenski ten un accidente de tráfico sen sufrir feridas graves

Segundo o portavoz de prensa, o accidente produciuse a primeiras horas desta madrugada e as súas circunstancias serán investigadas polas autoridades

Zelenski nunha imaxe de arquivo Zelenski nunha imaxe de arquivo
G24.gal 15/09/2022 08:57

O presidente de Ucraína Volodimir Zelenski viuse envolto a pasada noite nun accidente de circulación en Kíiv, en que, tras ser atendido por un equipo médico, viuse que non quedara "gravemente ferido", informou este xoves o seu portavoz de prensa Sergii Nykyforod na súa conta de Facebook.

O funcionario non explicou, con todo, que tipo de lesións puido sufrir o mandatario, que foi atendido no lugar da colisión precisamente por membros do equipo médico que viaxan con el habitualmente.

"En Kíiv, un automóbil chocou co do presidente de Ucraína e os vehículos de escolta. Os médicos que acompañaban o xefe de Estado brindaron axuda de emerxencia ao condutor do automóbil e trasladárono a unha ambulancia", di a mensaxe.

Segundo o portavoz de prensa, o accidente produciuse a primeiras horas desta madrugada e as súas circunstancias serán investigadas polas autoridades. Algunhas axencias locais e publicacións nas redes sociais mostraron as primeiras imaxes do lugar do accidente.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade