Ucraína e Rusia confirman o regreso dos últimos prisioneiros dos 1.000 acordados intercambiar
A semana pasada Ucraína e Rusia acordaron intercambiar 1.000 por 1.000 prisioneiros de guerra
Os intercambios comezaron o venres, continuaron este sábado e Zelenski anuncia que remataron este domingo
O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, anunciou este domingo o regreso de 303 ucraínos que permanecían cativos en mans de Rusia. Este é o terceiro e último paso do troco de 1.000 prisioneiros de cada bando acordado hai unha semana en EstambuL.
Segundo escribiu Zelenski na súa conta de Telegram, "303 defensores ucraínos están na casa".
"A terceira parte do troco de 1.000 por 1.000 acordado en Turquía foi completado", afirmou o xefe de Estado ucraíno.
Zelenski precisou que os liberados son soldados do exército, integrantes da Garda Nacional e dos servizos de fronteiras de transportes especiais do Estado ucraíno.
O terceiro paso do troco produciuse despois de que o sábado quedasen en liberdade 307 e o venres outros 390, polo que se completa o proceso de liberación de 1.000 prisioneiros de cada bando acordado en Istambul.
A semana pasada, ambas as partes tiveron, en Istambul, os primeiros contactos directos desde hai tres anos e o troco foi o maior logro concreto alcanzado polos representantes de Kiev e Moscova.
"Grazas ao equipo que traballou sen descanso para implementar isto con éxito", concluíu Zelenski a súa mensaxe en Telegram.
Tralo primeiro intercambio de prisioneiros, o venres, 23 mayo, o propio Zelenski falaba con esperanza de que os intercambios continuasen:
O presidente ucraíno agradecía a “todos os que axudan e traballan” para lograr a liberación de todos os ucraínos cativos en Rusia, e comprometíase a facer todos os esforzos posibles para que os estes regresen ao seu país.
Rusia tamén confirma que se completou o intercambio de prisioneiros
O Ministerio de Defensa de Rusia informaba este domindo, pouco despoius de que o fixese Ucraína, que se producira o troco doutros 303 prisioneiros de guerra por bando, co que se completaba o intercambio de mil prisioneiros acordado con Ucraína en Istambul durante as primeiras negociacións directas con Kiev en tres anos.
"O 25 de maio, 303 soldados rusos foron devoltos do territorio controlado polo réxime de Kiev. A cambio, entregáronse 303 prisioneiros das Forzas Armadas de Ucraína", sinalou Defensa nun comunicado publicado na súa canle de Telegram.
O comunicado ruso informaba que os militares rusos se atopan no territorio de Bielorrusia, onde reciben a asistencia psicolóxica e médica necesaria.
A nota engade ue todos os militares liberados serán trasladados á Federación de Rusia para recibir tratamento médico e de rehabilitación en hospitais do Ministerio de Defensa.
"Así, de conformidade cos acordos ruso-ucraínos alcanzados o 16 de maio en Istambul, entre o 23 ao 25 de maio, as partes rusa e ucraína realizaron un intercambio segundo a fórmula de mil por mil persoas", conclúe o comunicado castrense.