Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zapatero insta ao PP a tirar "ao lixo" o pacto con Vox en Estremadura por "ilegal"

Zapatero insta ao PP a tirar "ao lixo" o pacto con Vox en Estremadura por "ilegal"

O expresidente destacou que nos países democráticos "non cabe discriminar os cidadáns estranxeiros"

Tamén amosou o seu apoio ao Executivo de Pedro Sánchez, pola súa "valentía, coherencia e coraxe"

G24.gal 25/04/2026 14:51 Última actualización 25/04/2026 15:17

O PSOE celebra esta sábado o Congreso Rexional Extraordinario en Estremadura que ratifica a Álvaro Sánchez Cotrina como novo secretario xeral.

Alí estivo apoiándoo o expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, quen no seu discurso criticou o pacto alzanzado entre PP e Vox para gobernar Estremadura. Instou ao Partido Popular a tiralo "ao lixo" por ser "ilegal".

Zapatero tamén amosou o seu apoio ao Goberno de Pedro Sánchez, pola súa "valentía, coherencia e coraxe" e polos seus "logros" económicos.

"Vivimos no momento da Historia de España que máis persoas traballan, que máis afiliados hai á Seguridade Social, que máis empregos creou que máis mulleres están traballando, que por primeira vez a nosa economía medra dun xeito claro desde hai cinco anos", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade