Publicador de contidos

Publicador de contidos

Besteiro reclama en Ourense a vixencia da Lei Xeral de Sanidad no seu 40º aniversario

Besteiro reclama en Ourense a vixencia da Lei Xeral de Sanidad no seu 40º aniversario

Indicou esta é unha norma "básica" piar do bennestar e da que o PSOE, dixo, foi "absolutamente protagonista"

Besteiro tamén alertou da necesidade de poñer máis recursos na atención primaria

 

G24.gal 25/04/2026 14:05

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este sábado a vixencia da Lei Xeral de Sanidade e da saúde pública como un "dereito universal, único e solidario.

Durante a súa intervención, nun acto organizado polos socialistas en Ourense para conmemorar o 40 aniversario da aprobación da Lei Xeral de Sanidade, Besteiro expresou que a lei é unha normativa "básica, que estrutura o Estado de Benestar" impulsada polos socialistas. Ademais, fixo un chamamento á "loita diaria" para defender a sanidade pública que o PP "leva 40 anos intentando desmantelar", que segundo di, confirma o informe do Consello de Contas presentado esta semana.

Ademais, segundo o organismo auditor, Galicia é a segunda comunidade autónoma que menos inviste per cápita en Atención Primaria e que destina "poucos recursos, mal investidos e con persoal precario" á sanidade pública.

Os socialistas galegos celebraron o 40 aniversario da Lei Xeral de Sanidade cunha Mesa Redonda-Debate na que interviñeron, alén de Besteiro, o secretario de Sanidade do PSdeG e deputado rexional Julio Torrado, o ex-deputado Alberto Fidalgo, o expresidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense, José Luis Jiménez Martín, e a deputada Marga Martín.

Tamen avaliaron o Consello de Contas presentado o pasado xoves, que alerta sobre a precariedade na sanidade pública, onde un de cada catro profesionais ten contrato temporal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos