Zanelli: "O primeiro é a salvación e, logo, soñar é gratis"
Tras a goleada ante o Llanera, o Arenteiro está a dous puntos do playoff de ascenso

Chegaba o conxunto ourensán nun gran momento de forma e confirmouno co mellor encontro no que levamos de temporada, goleando ao seu rival. O máximo goleador, Renan Zanelli, abriu e pechou o marcador.
"Fixemos un partido moi completo e iso facilitou o traballo, a presión, a actitude co que saímos. O plan de partido foi moi bo. É certo que trala primeira metade puidemos marcharnos con máis diferencias"
Logo dunha primeira volta chea de contratempos, a gran xeira de resultados nestas últimas semanas colocan ao conxunto verde lonxe dos postos de descenso e máis preto do playoff de ascenso, algo que non pasa desapercibido no plantel carballiñés.
"O primeiro obxectivo debe ser, como non pode ser doutra maneira, conseguir a salvación. Logo, unha vez conseguido, soñar é gratis. Podemos pensar máis arriba, non pasa nada. Temos a salvación na cabeza, logo xa veremos"