Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zakaria Eddahchouri, a exótica aposta para a dianteira do Deportivo

Zakaria Eddahchouri, a exótica aposta para a dianteira do Deportivo

Xogaba no Telstar Velsen e é o máximo goleador da Segunda División dos Países Baixos, con 17 goles en 23 partidos

G24.gal 30/01/2025 20:01

Zakaria Eddahchouri xa é novo xogador do Deportivo. O dianteiro ten 24 anos e militaba no Telstar Velsen da Segunda División dos Países Baixos. Nesta temporada levaba 17 goles en 23 partidos sendo o máximo anotador da categoría.  O futbolista holandés de orixe marroqui convértese na segunda incorporación no mercado trala volta de Diego Gómez da súa cesión no Arenteiro.

Eddahchouri chegou a xogar na primeira categoría do fútbol neerlandés, no Go Ahead Eagles, pero non logrou consolidarse como xogador de primeiro nivel. O primeiro equipo no que destacou no aspecto ofensivo foi o Koninklijke da terceira categoría dos Países Baixos co que marcou 16 goles. O ano pasado subiu de categoría para enrolarse no Telstar e asinou unhas cifras de 14 goles no seu primeiro ano. Esta tempada foi a da súa explosión definitiva cunha media goleadora de case un tanto por partido nun equipo que está na zona media da clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos