Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carrefour reúnese con Yolanda Díaz este xoves para propoñer unha cesta de 30 produtos a 30 euros

Carrefour reúnese con Yolanda Díaz este xoves para propoñer unha cesta de 30 produtos a 30 euros

A ministra de Traballo  reunirase o luns coa patronal da distribución para negociar un tope aos prezos dos produtos básicos

G24.gal 07/09/2022 14:20 Última actualización 07/09/2022 18:43

Carrefour adiántase á  negociación que a ministra de Traballo quere comezar o vindeiro luns coas distribuidoras e asociacions de consumidores para poñer un tope aos produtos básicos da cesta da compra.

A multinacional da alimentación solicitou unha xuntanza xa para este xoves ás 11 da mañá.

E a ela levará a súa proposta: sacar ao mercado unha cesta con 30 produtos básicos a 30 euros. 

Son artigos de consumo frecuente como almorzos, conservas, pasta, aceite, café, produtos de limpeza ou droguería.

Xa en abril, a multinacional puxo en marcha unha promoción na que o cliente podía escoller os maiores descontos nos produtos que máis consome.

A xuntanza co resto das distribuidoras para buscar un acordo no prezo dos produtos básicos será o luns

Yolanda Díaz reunirase o vindeiro luns co sector da distribución para trasladarlles a súa proposta de poñer tope aos prezos dos produtos básicos.

"É unha medida legal que xa a apliocou Sarkozy en Francia", dixo hoxe a vicepresidenta segunda do Goberno.

Díaz encontrou o apoio de Ione Belarra. "Apoiamos a proposta", dixo a ministra de Dereitos Sociais e se non hai acordo "pediremos medidas obrigatorias"

Dende o PSOE descártana. Díxoo María Jesús Montero, ministra de Facenda, que asegura que o que farán é pedir un esforzo aos que se beneficien de forma extraordinaria con esta crise.

O Partido Popular pon o foco nas diverxencias entre os socios de Goberno. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade