Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yolanda Díaz di que o Goberno debe "preservar Naturgy" como fixo con Telefónica

Yolanda Díaz di que o Goberno debe "preservar Naturgy" como fixo con Telefónica

"É o seguinte fito na defensa do estratéxico e do común", afirma a vicepresidenta segunda

G24.gal 19/04/2024 14:48

Yolanda Díaz di que o Goberno ten a obriga de preservar empresas estratéxicas como Naturgy, pendente dunha OPA dun grupo de Emiratos Árabes. A vicepresidenta segunda avoga por que o Estado entre na compañía enerxética ou ben por que se busquen accionistas "comprometidos con España".

"Dígoo sen rubor, preservar Naturgy é o seguinte fito na defensa do estratéxico e do común, pero haberá máis seguramente que o Goberno non queira nin poida eludir. É un elemento de centralidade de país: foino con Telefónica e volve selo agora con Naturgy", asegurou Díaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos