Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz ve un "recorte de dereitos" aumentar o cómputo para calcular as pensións

Yolanda Díaz ve un "recorte de dereitos" aumentar o cómputo para calcular as pensións

Yolanda Díaz fixo estas declaracións en México, onde asiste á Feira Internacional do Libro de Guadalaxara

Escrivá propón subir a 30 anos o período de computo de pensións coa posibilidade de elixir 28

G24.gal 29/11/2022 07:33 Última actualización 29/11/2022 15:05

A vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo Yolanda Díaz asegurou "non compartir" a proposta de extensión do período de cómputo para calcular a pensión, que supoñería elevalo dos 25 anos actuais aos 30, ao consideralo "un endurecemento" do acceso á prestación por xubilación e un "recorte de dereitos".

Así se expresou Díaz nun breve encontro con medios de comunicación en Guadalaxara (México), onde participa na Feira Internacional do Libro.

"A ampliación do cálculo da base reguladora a 30 anos é un endurecemento no acceso á xubilación que nós non podemos compartir, dixémolo en moitísimas ocasións", sinalou. Díaz lembrou que o período de cálculo en España "estaba inicialmente nos oito anos, despois estendeuse a 15 anos e coa nova lei, que entraría en vigor en 2027, ampliouse a 25 anos".

"Amplialo a 30 anos é desde logo un endurecemento no acceso ás pensións de xubilación (...) Estamos a facer cambios no mercado de traballo que avanzan na recuperación de dereitos. Isto non é recuperar dereitos, é recortar dereitos", subliñou.

 

Díaz comentaba así a proposta do Ministerio de Inclusión e Seguridade Social, que expuxo este luns aos axentes sociais unha extensión do período de cómputo para calcular a pensión que supoñerá elevalo dos 25 anos actuais a 30 anos, coa posibilidade de elixir entre estes os mellores 28.

O ministerio di que o cambio se realizaría de xeito progresivo, ao tempo que se melloran algunhas lagoas como a cotización minorada por coidado de fillo.

A proposta abre unha nova discrepancia no seo do Executivo, pero ten en contra tamén os sindicatos.  Unai Sordo di que "cremos que requiriría un consenso político que non se dá, non é necesaria esta medida", e Pepe Álvarez sostén que "o ministro volve equivocarse. Aínda estamos no último ano de entrada en vigor dunha parte do aumento que nos levou dos 15 aos 25 anos".

A última fase da reforma das pensións ten que estar lista antes do 31 de decembro para cumprir o pactado con Bruxelas no plan de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade