Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yohana: "Soubemos sufrir e estaremos na final"

Yohana: "Soubemos sufrir e estaremos na final"

A porteira foi a gran protagonista con dúas paradas decisivas

G24.gal 27/05/2023 15:14

Fixo valer o Deportivo o factor campo ao seu favor para clasificarse para a última eliminatoria polo ascenso á elite do fútbol feminino español. Xa agarda nesa rolda final o Granada ao conxunto coruñés, tras o sufrido empate en Abegondo ante o Cacereño. Moita culpa desta clasificación tena Yohana, a porteira deportivista.

"Quero dar grazas á afección. Soubo darnos forzas cando as necesitabamos. Foi unha eliminatoria complicada, con dous equipos con moito respeto. O factor campo permítenos pasar. Era importante manter a calma para marcar o primeiro, sabiamos que chegaría. Soubemos sufrir e estaremos na final. Nesas xogadas, sabía que tería que ir. Contenta de poder axudar o equipo. Estamos para poder axudar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos