Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay: oitava revalorización seguida para saltar ata os 25 millóns de euros

Yeremay: oitava revalorización seguida para saltar ata os 25 millóns de euros

Yeremay tamén amplía dous récords que alcanzou hai algo máis de dous meses: o do futbolista máis valioso da historia da Liga e o do profesional máis cotizado de sempre do conxunto herculino

G24.gal 01/01/2026 12:07 Última actualización 01/01/2026 12:15

Transfermarkt apurou as últimas horas do ano 2025 revisando os algo máis de 550 valores de mercado de todos os xogadores que integran a Segunda División española. Os dous grandes protagonistas son o dianteiro do Racing, Jeremy Arévalo, e o extremo canario do Deportivo, Yeremay Hernández, con subidas de 6 e 5 millóns de euros, respectivamente.

Yeremay rexistra a súa oitava revalorización seguida para saltar ata os 25 M€ e ampliar a súa vantaxe como o MVP de Segunda División. Cunha ducia de goles xerados a piques de concluír a primeira volta ligueira, o extremo é o buque insignia do Dépor de Antonio Hidalgo, claro aspirante ao acenso a Primeira esta tempada.

Grazas aos citados 25 M€ de valor de mercado, Yeremay tamén amplía dous récords que alcanzou hai algo máis de dous meses: o do futbolista máis valioso da historia da Liga e o do profesional máis cotizado de sempre do conxunto herculino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade