Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay non lle garda rancor a Óscar Cano malia que non contaba con el

Yeremay non lle garda rancor a Óscar Cano malia que non contaba con el

Yeremay: "Se vexo a Óscar saudareino porque coincidín con el aquí e teño unha boa relación"

G24.gal 13/03/2024 12:25 Última actualización 13/03/2024 12:33

O Deportivo recibe este sábado ao Sabadell, en Riazor, e Yeremay sabe que non llo van a poñer fácil. O morbo estará no reencontro con Óscar Cano, o adestrador da tempada pasada, para o que apenas contaba.

"Se vexo a Óscar saudareino porque coincidín con el aquí e teño unha boa relación con el. Seguramente lle darei un abrazo cando o vexa", destaca.

O canario di que non sairá máis motivado por ese motivo.

"Eu non son así. Teño motivación en todos os partidos. Estea Óscar ou outro adestrador".

O Deportivo é agora líder a competición e Yeremay dá por bo o sucedido o pasado domingo en Tarragona.

"Non fixemos un gran partido, pero sacamos un punto e é bo porque era un rival complicado e xogabamos fóra de casa. É importante haber puntuado. Metían presión moi ben e expuxeron un partido moi bo. Xogaron mellor que nós", rematou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade