Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yago Iglesias "O Celta B é un dos tres mellores equipos da categoría"

Yago Iglesias "O Celta B é un dos tres mellores equipos da categoría"

O técnico galego do Zamora analiza o enfrontamento ante o filial céltico

G24.gal 19/03/2022 11:04

O adestrador de Palmeira pasou polo Galicia en Goles para conversar con Paco Santos sobre o enfrontamento ante o filial olívico. O conxunto zamorano chega tras caer no Sardinero ante o líder no desconto, pero amosando unha moi boa imaxe. 

"Tivemos unha reacción en canto a puntos cando chegamos pero a realidade é que o equipo nas últimas semanas o equipo merece máis do que a puntuación nos devolve. O que xeramos non o metemos. Iso reflexa que outros equipos con xeira boa, se poña por diante. Estamos a oito puntos da salvación, quedan 11 xornadas. O resto de rivais se enfrontaron a equipos da zona baixa, nós contra todos os de arriba. Quedan rivais directos"

 

Sobre o partido do domingo, ante o Celta B de Onésimo, cheo de calidade, Yago foi moi claro e contundente.

"Para min, vendo o que fan no terreo de xogo, é dos 3 mellores equipos da categoría, está rendendo a un nivel altísimo. Ten unha dinámica positiva incrible, ata o Tudelano, seis semanas sen perder, con bo xogo, e con xogadores que son o futuro do primeiro equipo, e son presente e realidade desta categoría, pese a súa xuventude. Moi cedo terémolos no primeiro equipo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade