Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yago Iglesias apela ao espírito de Pasarón para superar a eliminatoria de ascenso

Yago Iglesias apela ao espírito de Pasarón para superar a eliminatoria de ascenso

O Pontevedra debe remontar o 2-1 que acadou o Aragón no partido de ida

G24.gal 16/05/2024 20:43

Pasarón será decisivo para determinar se o Pontevedra seguirá na pelexa por ascender á Primeira RFEF. Para iso os de Yago Iglesias teñen que remontar o resultado adverso da ida en Aragón. Malia adiantarse no marcador cun gol de Dalisson o filial do Zaragoza deulle a volta ao resultado nos últimos quince minutos. 

O técnico galego apela ao apoio da afección para logralo e chegar á eliminatoria decisiva nas mellores condicións. Hai que lembrar que lle chega con gañar por un gol porque a mellor clasificación do Pontevedra na Liga fai que pase á seguinte eliminatoria sen ter que ir aos penaltis. Si superan esta primeira rolda, a volta tamén será en Pasarón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos