Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xulgan seis persoas por traficar con droga desde unha tenda de plantas da Coruña

Xulgan seis persoas por traficar con droga desde unha tenda de plantas da Coruña

A Fiscalía pide para para os acusados penas de entre 3 e 10 anos

Dous deles enfróntanse ademais a unha multa dun millón de euros

G24.gal 09/06/2026 14:06

O encargado do negocio é o que se enfronta a unha condena maior, de ata dez anos en prisión. Admitiu na sala que na primavera de 2021, ante a perda de clientes provocada pola pandemia, comezou a traficar con haxix en colaboración cos seus empregados e algúns coñecidos. Con todo, manifestou que o resto das drogas atopadas no rexistro policial ao seu domicilio, cocaína marihuana, éxtase e anfetaminas, eran para o seu consumo persoal e o da que era daquela súa parella, que tamén recoñeceu os feitos polos que se solicitan para ela sete anos de cárcere.

A maiores, a Fiscalía pide para cada un deles a maiores unha multa dun millón de euros. Ambos están a día de hoxe en tratamento de desintoxicación. 

O outro individuo sinalado polos investigadores como o segundo líder da banda almacenaba no seu domicilio importantes cantidades de droga, pero el movía só pequenas doses e dixo que eran outros dous acusados os que lle traían e despois traficaban coa meirande parte das substancias atopadas na casa polos axentes.

O seu avogado puxo de manifesto que no momento do rexistro tan só se localizaron 300 euros, polo que dificilmente podía estar á fronte do negocio. Con todo a Fiscalía pídelle 8 anos de prisión.

Ademais deses outros dous cómplices que admitiron igualmente a súa participación activa na rede de tráfico de drogas, o sexto investigado era un empregado da tenda de plantas. Tamén no seu domicilio localizouse marihuana e haxix e tamén el recoñeceu que comerciou con esas substancias cando o outro negocio entrou en crise.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade