Cargando resultados...
Xubilación activa para escapar do baleiro que poden deixar os anos de actividade
Xubilación activa para escapar do baleiro que poden deixar os anos de actividade
Os expertos recomendan non deixar de relacionarse con persoas de distintas xeracións
Inciden na necesidade de facer previamente un plan de vida para esa etapa
G24.gal
30/11/2024 15:30
Última actualización 29/11/2024 20:32
É moi común contar os días que quedan ata poder xubilarse, pero, ás veces, chegado ese momento, un acaba decatándose de que non sabe que facer. Ante ese perigo, din os expertos, o ideal é facerse previamente un plan de vida para esa etapa e non deixar de relacionarse con xente de todas as idades.