Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xosé Neira Vilas será o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2027

Xosé Neira Vilas será o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2027

O autor de 'Memorias dun Neno labrego' destaca pola lucidez do realismo social co que retratou a sociedade labrega de mediados do século pasado

G24.gal 07/07/2026 12:16

A Real Academia Galega elixiu o escritor Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928-2015) como a figura homenaxeada o Día das Letras Galegas do próximo ano.

Tamén se formalizara a candidatura de Constantino García González (Oviedo, 1927-Santiago de Compostela, 2008), pero finalmente retiruose é a de Neira Vilas obtivo a unanimidade.

Fillo de agricultores, natural da parroquia de Gres, en Viladecruces, onde naceu en 1932, Neira Vilas foi un traballador incansable a prol da cultura galega: estudou de día e traballou de noite para formarse. Como xornalista en Bos Aires destacou polo seu labor no xornal Adiante.

Pero é coñecido en especial por ser o autor dun dos libros máis internacionais da literatura galega. Publicado na Arxentina en 1961, Memorias dun neno Labrego foi traducido a unha ducia de idiomas, pero sobre todo conectou co público de todas as idades ao retratar con dignidade e realismo a dureza da vida nas aldeas galegas nos anos corenta. Teatralizada, musicada, a obra máis universal de Neira Vilas subliña con nitidez a realidade social das aldeas galegas dos anos corenta e conecta coa emocionalidade do país.
 

Publicado na Arxentina en 1961, Memorias dun neno Labrego foi traducido a unha ducia de idiomas Publicado na Arxentina en 1961, Memorias dun neno Labrego foi traducido a unha ducia de idiomas

Desde Gres, en Viladecruces, cunha vida e obra marcadas pola emigración, Neira Vilas estudou xornalismo en Bos Aires; coñece así a súa muller Anisia Miranda, cubana de orixe galega e escritora infantil, coa que funda a editorial Follas Novas. En Bos Aires -narrou el mesmo- ambos entraron en contacto con personalidades da cultura galega, como Luís Seoane, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor ou Laxeiro.

"Sempre escribín en galego. Na aldea de pequeno os invernos ao pé da lareira contábanse moitos contos e historias. E esas narracións orais influirón moito en min", declarou nunha das últimas entrevistas.

Despois da experiencia arxentina, pasaría 30 anos en Cuba, onde continuou e potenciou a súa actividade xornalística e literaria.

O autor de Xente no RodicioQuerido Tomás ou o Espantallo Amigo foi investido honoris causa pola Universidade da Habana e, xa de volta en Galicia, pola da Coruña.

Foi Medalla Castelao e membro da Real Academia Galega ata a súa morte en 2015.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos