Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de tempo moi cambiante con sol, chuvia e altas temperaturas

Xornada de tempo moi cambiante con sol, chuvia e altas temperaturas

A temperatura máxima de Galicia, 31,5 graos, rexistrouse en Pontevedra

Moitas localidades das Rías Baixas e tamén en Ourense rozaron e mesmo superaron os 30 graos

Día de contrastes, con chuvascos á primeira hora da mañá na provincia de Ourense e con calor sufocante

As praias das Rías Baixas foron o lugar elexido por moitos para gozar da xornada.
G24.gal 14/05/2022 20:11 Última actualización 14/05/2022 20:46

Este sábado cambia o tempo. Despois dunhas xornadas de sol e moita calor, volve a inestabilidade.

As nubes fixeron acto de presenza pola mañá en boa parte de Galicia e a chuvia sorprendeu os ourensáns nun día de moitos contrastes e calor sufocante. Os termómetros mesmo superaron os 30 graos en puntos das Rías Baixas, onde puideron gozar dun agradable día de praia.

Nas Rías Baixas foi clarexando e as temperaturas subiron axiña ata acadar pola tarde os 31 graos e medio en Pontevedra ou os 30 en Sanxenxo.  

Mentres xa pola mañá na costa gozaban do sol e os baños, na cidade de Ourense despois dunha semana de sol e altas temperaturas houbo que sacar o paraugas. E os chuvascos da mañá deron paso aos claros e, de novo, a calor, o bochorno e os 30 graos. 

O aire cálido foise estendendo e a protagonista acabou sendo a calor sufocante no sur de Galicia, tanto no interior coma na costa. As praias das rías Baixas foron o lugar elixido por moitos para gozar da xornada.  

Tempo solleiro e caloroso que ten as horas contadas, porque as temperaturas máximas sufrirán un descenso moderado nas vindeiras horas. E prevese tamén que volva a tan necesaria chuvia.

A cidade de Ourense amenceu anubrada e con chuvia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar