Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro

Xornada de portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro

Durante a fin de semana preto dunha vintena de adegas, restaurantes e aloxamentos achégannos os segredos da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia

Visita a adega Priorato de Razamonde, en Cenlle
G24.gal 18/05/2024 20:58

Percorrendo a pé as ribeiras do Miño, entre viñedos, os visitantes chegan ata o antigo priorado de Razamonde, un edificio do século XVII que acolle hoxe unha adega bautizada co mesmo nome. Os seus propietarios achéganos á historia do Ribeiro e as peculiaridades dos viños que eles mesmos elaboran onde a treixadura, unha caste autóctona da zona, ten especial protagonismo.

É unha das once adegas da Ruta do Viño do Ribeiro que esta fin de semana abre as súas portas para visitas guiadas e catas. O enoturismo, afirman os seus responsables, axuda a pór en valor o produto que elaboran. O programa de actividades complétase con degustacións, visitas teatralizadas ou percorridos para coñecer o patrimonio desta comarca ligada dende sempre ao mundo do viño e que acolle a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Parte dos visitantes fan o percorrido en autobús dende distintos puntos de Galicia e mesmo de Ponferrada. A vindeira cita desta primavera de portas abertas que organiza a Xunta en colaboración coas cinco Rutas do Viño de Galicia será na Ribeira Sacra o próximo fin de semana e rematará en Monterrei do 31 de maio ao 2 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar