Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil achega o seu traballo aos escolares do Carballiño

A Garda Civil achega o seu traballo aos escolares do Carballiño

Distintas unidades da Benemérita compartiron a mañá cos máis pequenos na Praza Maior da vila 

G24.gal 10/05/2024 14:16

Este venres no Carballiño trasladaron as aulas á Praza Maior, porque, de feito, a clase de hoxe non era das habituais. Durante toda a mañá, distintas unidades da Garda Civil déronlles a benvida aos cativos.

Un xeito, din, de achegarse aos máis pequenos e que coñezan en que consiste o seu traballo cotián. Outras veces dan tamén charlas nos colexios sobre adiccións, acoso ou ciberseguridade, e de como denunciar ese tipo de situacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade