Xoán Carlos I asegura que regresará "moitas veces" a Galicia este verán
Foron as súas primeiras palabras á prensa dende que chegou a Galicia o mércores pasado
O emérito gañou co Bribón e a infanta Helena quedou segunda co Alibabá II
.jpg)
O rei Xoán Carlos I amosouse "moi contento" polo seu triunfo na clase 6 metros do XXIV Trofeo Hotel Carlos I de Silgar, e asegurou que regresará "moitas veces" a Galicia para seguir gozando da vela.
"Moitas veces, moitas veces", respondeu cando lle preguntaron se regresaría a Galicia este verán.
Foi antes de entrar nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo na noite do domingo, onde o exxefe do Estado compartiu mesa e mantel con directivos da entidade e regatistas que participaron na competición da fin de semana.
Foron as primeiras palabras do emérito á prensa dende que chegou a Galicia o pasado mércores procedente de Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos), onde estableceu a súa residencia no 2020.
