Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xincana científica para público infantil no MUNCYT da Coruña

Xincana científica para público infantil no MUNCYT da Coruña

Os nenos descobren o museo mentres resolven enigmas e xogos de lóxica

G24.gal 26/04/2025 21:29 Última actualización 26/04/2025 22:02

O MUNCYT da Coruña anima os nenos a descubrir os tesouros do museo mentres resolven os enigmas dunha xincana científica chea de sorpresas. O proxecto chámase Divulgaming e está impulsado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

A proba inicial consistiu en descifrar unha mensaxe utilizando o código xenético. Foi a primeira dunha serie de pistas que os foron levando polas diferentes salas do museo, xogando e resolvendo enigmas e, de paso, aprendendo ciencia.

"A actividade consiste nunha xincana científica na que os nenos teñen que resolver enigmas e probas de enxeño coa ciencia como pano de fondo. Son probas de pensamento lateral nas que teñen que utilizar elementos como lanternas ultravioleta e mensaxes encriptadas", explica o investigador e divulgador científico Gonzalo Durante.

Os xogos conectan os nenos con conceptos relacionados coa bioloxía, a física ou a química. E mentres traballan en equipo para atopar as claves que permitan resolver o misterio, van descubrindo os tesouros que garda o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña, pezas con memoria que son patrimonio científico, industrial e tecnolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade