Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xela Martínez, a nova nena prodixio do atletismo galego

Xela Martínez, a nova nena prodixio do atletismo galego

Con 16 anos meteuse na final dos 3.000 metros no Nacional Absoluto en Ourense

G24.gal 10/03/2022 21:51

Sucede ás veces no mundo do deporte que hai figuras que resaltan moito antes do agardado. Pasoulle a Ana Peleteiro en 2012. Unha década despois outra nena marabilla está batendo todos os rexistros.

Con 16 anos, Xela Martínez meteuse na final dos 3000 metros no Nacional Absoluto en Ourense. Fíxoo tras bater dúas marcas na segunda semifinal. Cos seus 9,14 Xela mellorou en 14 segundos o seu mellor rexistro persoal.

Competindo con grandes do atletismo como Solange Pereira, Xela marcou un fito. a en 2019 participara nun absoluto. O talento de Xela é innegable e apunta ao máis alto. Pero como axudala a sosterse neste transo?

Xela, ao igual que antes Ana Peleteiro, transmite madurez nas probas que disputa. Pero sobre todo, capacidade para o goce. Se esa capacidade permanece e os tempos se respectan, semella que Xela chegará onde se propoña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade