Falece José Luís Balseiro Vigo, xefe superior da Policía en Galicia
Morreu por complicacións dunha doenza diagnosticada hai un ano

O xefe superior da Policía Nacional en Galicia, José Luis Balseiro Vigo, faleceu este sábado nun hospital da Coruña, onde ingresara hai unha semana por complicacións dunha enfermidade diagnosticada hai un ano. Asumira o cargo o 18 de febreiro de 2020.
Nado en San Sadurniño en 1960 e licenciado en Dereito, obtivo o seu primeiro destino en 1985 como inspector e desempeñou funcións de responsabilidade en distintas áreas policiais de Cataluña, en unidades de intervención policial en Galicia e na área de Seguridade Cidadá.
No ano 2002, ascendeu á categoría de comisario e ocupou diferentes postos directivos nas Canarias e Galicia. No 2016 pasou ao cargo de comisario principal e desenvolveu a súa actividade profesional como xefe da Comisaría Provincial da Coruña, onde no ano 2017 foi nomeado xefe rexional de Operacións.
Entre as súas distincións, destacan unha Cruz ao Mérito Policial con Distintivo Vermello e dúas Cruces ao Mérito Policial con Distintivo Blanco, entre outras.