Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xavi considera que a competición está "adulterada" ao ter que xogar con 17 baixas

Xavi considera que a competición está "adulterada" ao ter que xogar con 17 baixas

Ancelotti considera que se deben cumprir os protocolos

G24.gal 01/01/2022 22:00

Non fixo falta que ninguén lle preguntase. Xavi Hernández comezou a rolda de prensa previa ao partido contra o Mallorca asegurando que consideraba incomprensible a non suspensión do encontro por mor das 17 baixas que ten o Barcelona, 10 delas por coronavirus. 

O adestrador tivo que facer unha lista con 10 xogadores do filial e os 11 que ten do primeiro equipo, dous deles porteiros. 

O adestrador do Real Madrid, Carlo Ancelotti, dixo que "había que respectar os protocolos marcados pola Liga". Segundo o marco da patronal do fútbol sempre que haxa cinco xogadores do primeiro equipo e unha lista de trece futbolistas contando os do filial poderase disputar o partido. O Real Madrid tamén tivo problemas de covid nos últimos partidos de 2021. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade