Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa son 24 os investigados na rede de prostitución en pisos e clubs de alterne na provincia de Pontevedra

Xa son 24 os investigados na rede de prostitución en pisos e clubs de alterne na provincia de Pontevedra

Na operación Channing a policía desartellou unha trama de explotación de mulleres que viñan enganadas do Brasil

G24.gal 04/10/2022 12:58

Nos xulgados de Vigo comezou unha rolda de interrogatorios pola chamada operación Channing que levou o pasado mes de xuño ao peche de catorce clubs e pisos de alterne de Vigo, Vilagarcía, Tomiño, Ponteareas, O Porriño e Nigrán.

Neles supostamente explotaban mulleres que traian do Brasil baixo engano. Tres delas foron rescatadas na operación policial do pasado mes de xuño e agora son testemuñas protexidas. De momento só seguen en prisión provisional -por risco de fuga-, o suposto líder da trama e o dono dos clubs, e o home que recrutaba e traía do Brasil as mulleres para ser prostituídas.

A policía investiga se a rede contaba con homes de palla para branquear os ingresos ilícitos, por iso compareceu onte nos xulgados un empresario de Sevilla, suposto home de palla da trama, que alegou dedicarse a comercializar datáfonos.

Canda esta investigación, o Xulgado de Instrución Número 3 de Vigo mantén abertas outras dúas causas por prostitución de mulleres en chalés de luxo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade