Xa son 11 os feridos na cabalgata de Marchena, en Sevilla
No sinistro morreu unha muller e dúas persoas quedaron lesionadas de gravidade
Un fallo mecánico do tractor provocou o accidente mortal na cabalgata de Marchena
Elévanse a 11 os feridos no accidente ocorrido durante a cabalgata de Reis de Marchena (Sevilla). Seis están ingresados en hospitais.
No Virxe do Rocío da capital están ingresados dous pacientes graves -un deles, un neno- que se atopan "estables" e en observación.
No sinistro faleceu unha muller de 72 anos atropelada por un tractor.
O suceso produciuse o xoves sobre as 20:15 horas cando os veciños alertaron ao centro de coordinación 112 de que un dos tractores que participaba no cortexo dos Reis Magos en Marchena atropelara varias persoas ao circular costa abaixo. Crese que o accidente se debeu a un fallo mecánico.