Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa hai finalistas da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música

Xa hai finalistas da 10ª edición dos Premios Martín Códax da Música

O mércores 10 de maio as Bodegas Martín Códax en Cambados acolleron a festa de finalistas para anunciar as propostas seleccionadas

A partir deste xoves 11 de maio, as socias e socios de Músicas ao Vivo votarán polos gañadores e na categoría de Artista Emerxente tamén pode votar o público

O 7 de xuño celebrarase a gala para coñecer os proxectos gañadores no Pazo da Cultura de Pontevedra

G24.gal 11/05/2023 12:33 Última actualización 11/05/2023 13:03

A relación de proxectos finalistas nesta décima edición dos Martín Códax ofrece unha ampla panorámica da creatividade musical galega na actualidade. Na categoría de Blues, Funk e Soul foron seleccionados Udra, Ángeles Dorrío e Apart; na de Folk, Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes e Abril, e na de Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, e Madalena Gamalho. As tres propostas finalistas en Canción de autor/a son Santi Araújo, Su Garrido Pombo e Tomás Porteiro.

Sila Lua, Møu e Boyanka Kostova recibiron o seu agasallo como finalistas da categoría de Músicas Urbanas e, no caso do Orquestras, Grupos e Música de Verbena, os afortunados foron os grupos Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band e Grupo Limón.

No apartado de Metal e heavy os finalistas 2023 son Arrhythmia, Youcanthide e Lost Minnow; en Bandas de Música Popular, Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música “O Landro” de Viveiro. Na categoría de Música Tradicional, chegan á final Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto e Ailá. En Música Infantil Pakolas, Pillaband, e Brais das Hortas foron os nomeados na tarde do mércores 10, e en Música Clásica e Contemporánea foi a quenda de Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo e Papagena.

Na categoría de Electrónica os tres seleccionados son Carabela, Terrae e Mel; en Jazz e Músicas Improvisadas, recolleron agasallo na festa de finalistas, Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere e Valentín Caamaño. Por último, no apartado de Rock e punk están na final dos galardóns as bandas Moura, Eager Platypus e Wetsocks; en Pop e indie os tres proxectos seleccionados son Banda Aldaolado, Blanco Palamera e Momboi. Socias e socios de Músicas ao Vivo son agora os encargados de votar na última fase dos premios que culminará na entrega dos mesmos o vindeiro 7 de xuño en Pontevedra.

A categoría de Artista Emerxente, que se instaurou o pasado ano e que foi concedido a Antía Muíño, ábrese tamén á votación do público xeral a partir do 11 de maio a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal. Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel e Lontreira son os tres proxectos emerxentes seleccionados neste 2023.

Os Premios Organistrum tamén tiveron en Cambados anuncio de finalistas. Na categoría de Salas, Sala Rebullón (Mos), Aturuxo (Bueu) e Sala Pub Gatos (Melide); na de Festivais, Festival Alternativo Millo Verde (Redondela), Canteira Fest (O Porriño) e Foliada da Fonsagrada. Os proxectos de Difusión Musical que chegan á final dos premios son Cuac FM, O Recanto do Corcovado e Galiciantunes.

Alta participación e xurado 2023

A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia. Asistiron ao acto o director da Agadic-Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, a responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, e a concelleira de Pontevedra, Pilar Comesaña. Allegue López destacou na súa intervención o apoio á cultura “como parte da identidade das bodegas” e definiu os premios como “o evento con maiúsculas da música galega”. A directiva de Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos Premios Martín Códax da Música, subliñou a estupenda participación nos mesmos con máis de 430 proxectos inscritos en 2023.

O pasado 29 de abril de setembro finalizaba a reunión e votacións do xurado dos Premios Martín Códax da Música 2023, de onde saíu a selección de proxectos finalistas que veñen de ser presentados. O xurado estivo composto nesta décima edición por Nía Tarrío, investigadora musical, Iria Mejuto, xestora sociocultural, Pepe Cunha, comunicador impulsor de “Ábrete de Orellas”, Adrián Saavedra, intérprete de piano e compositor, e Antía Ameixeiras, violinista e parte do dúo Caamaño&Ameixeiras.

A votación ábrese aos socios e socias de Músicas ao Vivo entre o 11 de maio e o 4 de xuño. Tamén se chama á participación do público, que poderá votar na categoría de Artista Emerxente. Nos próximos días tamén se desvelará o Premio Honorífico 2023. A gala desta 10ª edición dos Martín Códax celebrarase o 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra e estará inspirada no mundo do viño. Ese día coñeceremos todas as propostas premiadas da décima edición dos galardóns.

Os proxectos finalistas nos 10º Premios Martín Códax da Música 2023

Blues, Funk e Soul: Udra, Ángeles Dorrío, Apart

Folk: Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes, Abril

Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, Madalena Gamalho

Canción de autor/a: Santi Araújo, Su Garrido Pombo, Tomás Porteiro

Músicas urbanas: Sila Lua, Møu, Boyanka Kostova

Orquestras, Grupos e Música de Verbena: Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band, Grupo Limón

Metal e heavy: Arrhythmia, Youcanthide, Lost Minnow

Bandas de Música Popular: Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música O Landro de Viveiro

Música Tradicional: Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto, Ailá

Música Infantil: Pakolas, Pillaband, Brais das Hortas

Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo, Papagena

Electrónica: Carabela, Terrae, Mel

Jazz e Músicas Improvisadas: Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere, Valentín Caamaño

Rock e punk: Moura, Eager Platypus, Wetsocks

Pop e indie: Banda Aldaolado, Blanco Palamera, Momboi

Finalistas Organistrum

Salas: Sala Rebullón, Aturuxo, Sala Pub Gatos

Proxectos de Comunicación e Difusión: Cuac FM, O Recanto do Corcovado, Galiciantunes

Festivais: Festival Alternativo Millo Verde, Canteira Fest, Foliada da Fonsagrada

Finalistas Artista Emerxente:

Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel, Lontreira

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar