Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia roza os 6.500 casos activos, con 18 novas hospitalizacións

Galicia roza os 6.500 casos activos, con 18 novas hospitalizacións

Os contaxios diarios volven pasar dos 700 por segundo día consecutivo

Jessica Fernández 02/12/2021 10:24

Os casos activos seguen aumentando en todas as áreas sanitarias e xa rozan os 6.500 (+522). En total, hai 6.495 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios tamén soben, pasan dos 700 por segundo día consecutivo. Foron detectados 773 casos novos por probas diagnósticas.

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 911 (+73)

Vigo: 1.841 (+189)

Ourense: 1.709 (+137)

Santiago: 488 (+15)

Lugo: 573 (+25)

Pontevedra: 667 (+75)

Ferrol: 306 (+8)

Pola súa parte, a presión hospitalaria continúa en ascenso ao sumar 18 novas persoas ingresadas, dúas máis en UCI e 16 máis en planta. En total, hai 187 persoas hospitalizadas, 32 en coidados intensivos e 155 en planta.

Con todo, o Sergas notificou o deceso de tres persoas por mor da covid–19, con patoloxías previas, que alza a cifra a 2.676 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos