Wizz Air adianta a súa aterraxe en Santiago e terá a súa base operativa xa en decembro
A compañía húngara comezará a operar desde o Rosalía de Castro dous meses antes do anunciado con cinco rutas nacionais e dúas internacionais
Arquivo (Europa Press)
A aeroliña de baixo custo húngara Wizz Air anunciou este mércores que adianta a apertura da súa base no aeroporto de Santiago de Compostela desde febreiro de 2027 ao 17 de decembro deste ano, con 2 rutas internacionais e 5 nacionais.
Desde o Rosalía de Castro, no que terá un avión con base de forma permanente, ofrecerá enlaces con Tenerife Norte, Gran Canaria, Fuerteventura, Málaga e Zaragoza, e incorporará dúas novas conexións internacionais, con Roma Fiumicino e Varsovia Modlin.
Todas estas rutas estarán operadas con avións Airbus A320 e A321neo, un ano despois de que Ryanair abandonara a súa base alegando a carestía das tarifas de Aena.
A base de Santiago de Compostela engádese ás de Valencia e Madrid, que anunciou a compañía en xullo.
Ademais a compañia húngara tamén e anunciou este mércores novas rutas dede Madrid, Barcelona e Valencia a Romanía e Moldova.