Fervor e milleiros de turistas na recuperada Semana Santa de Viveiro
A procesión do Encontro volveu xuntar centos de persoas na praza Maior
Mari Chipe é unha institución na Semana Santa de Viveiro. Coñecedora de cada paso, de cada tradición, considera que a deste ano foi unha Semana Santa extraordinaria.
Este era o momento máis esperando polos milleiros de persoas que acudiron esta mañá á procesión: o Encontro da Virxe da Resurrección co Santísimo Sacramento, cando a Custodia lle levanta o veo negro que lle cobre a cara.
Paixón e emoción entre os viveirenses pola Semana Santa recuperada, e tamén satisfacción no sector hostaleiro tras uns días nos que, practicamente todos, lograron volver encher os establecementos.
Os turistas van regresando ás súas casas e, se cadra por iso, a desta tardiña, a última procesión que queda por celebrar en Viveiro, a do Via Lucis, é unha das máis íntimas, con saída ás sete e media dende San Francisco.