Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven repuntar os ingresos na área sanitaria da Coruña

Volven repuntar os ingresos na área sanitaria da Coruña

Son 11.597 os casos activos e 921 novos contaxios

G24.gal 07/01/2022 14:26

A concentración do virus en augas residuais da Coruña é máis do dobre que nos peores momentos da quinta vaga. É o que reflicte o último informe do sistema de alerta CovidBens.

Segundo a directora do proxecto CovidBens "a onda xa estaba medrando cando apareceu a ómicrom, e despois as festas do nadal.. seguramente é das ondas máis longas que temos".

Pero, ademais de confirmar isto, tamén informa de algo inesperado. A área sanitaria supera hoxe os 11.500 casos activos, con máis de 921 novos contaxios. E os ingresos volven repuntar. Hai 74 persoas hospitalizadas en planta, e 12 pacientes críticos.

E probas para intentar detectar o maior número posible de casos. Na Coruña acaba de entrar en funcionamento un novo punto para facer tests de antíxenos. É o da Casa do Mar, que se suma ao do centro do Ventorrillo e ao que tamén ten o CHUAC para facer PCR. O Sergas lembra que en todos é necesaria a cita previa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade