Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven as ceas e comidas de Nadal, cos menús algo máis caros

Volven as ceas e comidas de Nadal, cos menús algo máis caros

Os hostaleiros din que a inflación os obrigou a subir os prezos dos menús, mesmo asumindo custos

"Os menús que superan os 35 ou 40 euros son os menos habituais", di o dono dun restaurante

G24.gal 28/11/2022 13:29

Volven as ceas e comidas de Nadal. Os hostaleiros din que a inflación os obrigou a subir os prezos dos menús, mesmo asumindo custos. Teñen que facer fronte á suba da luz e dos carburantes e ao aumento dos prezos dos alimentos.

No seu restaurante de Santiago, Carmen fixo números. Parte dun menú de 38 euros, tres máis que hai un ano, "para nós que estamos aquí tres euros é o que estamos pagando a maiores, e para o que vén fai os seus números"

Con menús máis caros que outros anos, no hotel de Carballo Punta del Este decidiron asumir custos para que a suba de prezos repercuta o menos posible nos clientes. Teñen a axenda completa.

"Houbo que subir os prezos, si, moito. Confeccionas uns menús onde lles pos un 20 por cento a maiores do que lles poñías anos atrás e non compensa. Paréceche que é moito, pero en realidade non chega, porque o produto está moi caro", explica a xerente, Chelo Suárez

Coma ela, moitos hostaleiros reaxustaron a oferta á demanda. Javier Míguez, xerente da Bodeguilla de Santa Marta explica que "subimos un cinco por cento ou algo así." E engade, "hai máis control no gasto. Os menús que superan os 35 ou 40 euros son os menos habituais" 

Con todo, os hostaleiros agardan unha boa campaña. Coinciden en que hai ganas de festa e pensan encher.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade