Cargando resultados...
A obriga de usar máscara en exteriores volve seis meses despois da súa retirada
A medida entrou en vigor o venres
Diferencia de opinións á hora de acollela na rúa
G24.gal
25/12/2021 14:30
Unha das medidas adoptadas esta semana é a obriga de levar, de novo, a máscara en exteriores. Seis meses despois da súa retirada, o debate volve estar na rúa.
O debate atende á modificación do apartado b no punto 1 do artigo 6 da lei fronte a COVID. Aquel que fala do uso obrigado da máscara para maiores de 6 anos en calquera espazo ao aire libre de uso público ou aberto ao público.
Na rúa, os exemplos son variados. Hai quen a leva, quen non a leva e quen a pon ao ver a cámara de televisión.
Sexa como sexa , é o que toca, de novo, neste segundo Nadal de pandemia.