Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven á clase tras a caída do muro no patio do Cardenal Cisneros

Volven á clase tras a caída do muro no patio do Cardenal Cisneros

Os 120 alumnos retomarán as clases este venres en horario habitual, pero non se utilizará o patio porque segue clausurado

G24.gal 02/03/2023 21:56

De momento, o patio seguirá clausurado, pero os 120 alumnos retomaron as clases este venres. Así o confirma o director do centro, Benigno López. Asegura que as clases empezaron en horario habitual pero que non se utilizará o patio porque segue clausurado e terán que buscar unha alternativa aos recreos.

Esta tarde a dirección do colexio terá unha xuntanza cos pais e nais para explicarlles como vai proceder a partir de agora e todos os pasos que se van seguir para compatibilizar as obras coa docencia antepoñendo sempre a seguridade de todas as alumnas e alumnos.

Á espera do informe de seguridade, os veciños, que tiveron que ser desaloxados por precaución, pasaron a súa segunda noite fóra da casa. A maioría foi a casas dos seus familiares e dous foron realoxados nun hotel. Agora esperan que os autoricen para volver aos seus fogares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade