Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria para o Ensino e derrota do Baxi en senllas prórrogas

Vitoria para o Ensino e derrota do Baxi en senllas prórrogas

O equipo de Lugo gañou por 75-74 diante do Tenerife 

Derrota do equipo ferrolán por 86-89 diante do IDK Euskotren

G24.gal 20/02/2022 23:16

Na Liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino acadou unha importante vitoria diante do Tenerife, nun partido que tivo que ir á prórroga. E aí, no tempo extra, decidiron as triplas de White e Van den Adel para acadar un triunfo vital ante un dos equipos implicados na loita pola permanencia. Teñen dúas vitorias de vantaxe e un partido menos.

Foi unha xornada de emocións fortes para as galegas, porque o partido entre o Baxi e o Ibaeta precisou de dúas prórrogas. Natalia Rodriguez forzou a primeira con esta tripla, e Brown provocou a segunda con esta canastra a pouco máis dun segundo. No segundo tempo extra, as vascas acadaron un parcial de sete a dez que lles daba a vitoria. Foi entón cando Carmen Grande tivo outra ocasión de volver empatar, pero a súa tripla non entrou. Derrota do Baxi na Malata por 86 a 89.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade