Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria moi traballada do Liceo diante do Calafell

Vitoria moi traballada do Liceo diante do Calafell

Impúxose por 4-3 no primeiro partido das semifinais na pelexa polo título da Ok Liga

G24.gal 26/05/2023 23:33

Agardábase un partido moi competido e parello e non defraudou este Liceo-Calafell (4-3). O cadro galego levou o primeiro triunfo dunha serie que apunta a longa. 

Tardaron en chegar os goles no primeiro tempo pero viñeron tres nun abrir e pechar de ollos. Bruno di Benedetto adiantou o Liceo, empatou deseguido Martí Casas e Dava Torres puxo o 2-1 co que se chegou ao descanso. 

Na segunda parte empatou nada máis comezar Jordi Ferrer. O Liceo soubo reaccionar e xogou os mellores minutos do partido. Fabrizio Ciocale marcou o terceiro e Álex Rodríguez non perdoou nunha falta directa. O Calafell tivo que tirarse á desesperada e faltoulle acerto na bóla parada. Conseguiu recurtar diferenzas cun gol de Sergio Miras pero o triunfo quedou na casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade