Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo garante a segunda posición para a batalla da promoción

O Liceo garante a segunda posición para a batalla da promoción

A dúas xornadas para que remate a fase regular da OK Liga sácalle sete puntos ao Reus

Gañoulle ao Vilafranca por 5-3

G24.gal 06/04/2025 14:39

O Deportivo Liceo asegurou matematicamente a segunda praza na OK Liga. Derrotou o Vilafranca en Riazor por 5-3, nun partido que os de Juan Copa resolveron na primeira metade. Catro a un era o resultado no descanso, con dous goles de Arnau Xaus, un de Jacobo Copa e outro de Pablo Cancela, quen lograba así o seu primeiro gol da temporada logo de reaparecer tras a súa lesión. No segundo tempo, Ferruccio facía o quinto do cadro liceísta. O Vilafranca maquillou o resultado con dous goles nos últimos minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar