Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria e título mundial para Max Verstappen aos seus 24 anos

Vitoria e título mundial para Max Verstappen aos seus 24 anos

Un accidente de Lafiti cando quedaban cinco voltas resultou decisivo

G24.gal 13/12/2021 18:54

Difícil pensar un guión máis emocionante para a última carreira dun mundial de 23 probas, ao que os aspirantes chegaban empatados a puntos. Verstappen pegara primeiro coa pole, pero Hamilton rouboulle a carteira na saída e defendeu a posición por fóra da pista, nunha acción que os comisarios non investigaron.

Máis aló da polémica, o inglés foi máis rápido, e só a axuda do Checo Pérez logo da parada puxo algo de emoción nunha carreira que parecía destinada ao oitavo título mundial na súa conta. Pero un accidente de Lafiti cando quedaban cinco voltas cambiouno todo. Hamilton quedaba na pista para defender a posición, e Verstappen cambiaba as rodas para o ataque definitivo. O coche de seguridade retirouse na última volta, algo que provocou unha reclamación de Mercedes, e nada puido facer o seu piloto para evitar o ataque definitivo de Verstappen.

Vitoria e título mundial para o dos Países Baixos aos seus 24 anos. O oitavo título de Hamilton, o do récord absoluto, terá que agardar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade