Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Sainz remata en Singapur coa tiranía dos Red Bull

Carlos Sainz remata en Singapur coa tiranía dos Red Bull

Primeira vitoria da temporada para o piloto madrileño

Alonso estivo moi discreto cun 15º posto

G24.gal 17/09/2023 15:58

O piloto español Carlos Sainz (Ferrari) logrou no Grande Premio de Singapur a súa segunda vitoria na Fórmula Un ao impoñerse desde o primeiro posto da grella e liderando todas as voltas. 

O asturiano Fernando Alonso (Aston Martin) acabou no 15º posto e os británicos Lando Norris (McLaren) e Lewis Hamilton (Mercedes) completaron o podio. 

Sainz gañou con mestría, xestionando os pneumáticos mellor ca ninguén e defendéndose cando o precisou. Ningún outro piloto que non fora de Red Bull conseguira gañar nas catorce carreiras anteriores. O madrileño quería demostrar o seu gran momento de forma, viña de gañar a segunda "pole" consecutiva e non desaproveitou a ocasión.

Coidou as gomas cando precisaba, reduciu o ritmo e arriscouse a que Russell, Norris e Hamilton se achegasen. Nun circuíto en que é moi difícil adiantar, a estratexia foi a súa mellor aliada e logrou estrearse esta temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos