Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfo balsámico do Deportivo no Carballiño: 1-2

Triunfo balsámico do Deportivo no Carballiño: 1-2

Remotaron os de Idiakez no Espiñedo

Miku, ex do Deportivo, fixo o primeiro 

G24.gal 17/12/2023 21:12

Día grande no Espiñedo, ambiente de festa no Carballiño pola visita do Deportivo. E partido de pico e pa, deses de loita e tratar de aproveitar detalles. Encontro en que o Deportivo saíu dominador e dispuxo dunha ocasión de Jose Ángel nun balón parado. O Arenteiro aguantaba e esperaba o erro. Erro que chegou á media hora, Pablo Martínez perdeu a pelota a prol de Pibe, filtrou para Miku e superou a Germán. Festa rachada na bancada e o Arenteiro por diante no marcador. Así se chegou ao descanso. 

O Deportivo deu un paso adiante disposto a conseguir opción que lle deran a volta ao encontro. Nunha falta lateral chegou o empate. Lucas púxoa na área e Vitra introduciuna na propia porta. O Deportivo non lle quitou o pe ao acelerador. Pablo Vázquez tivo a opción para a remonta, pero esta chegaría minutos máis tarde. Carreira de Mella, xiro e disparo que queda rexeitado. Chegoulle o balón a Davo que, con temperanza, fixo unha vaselina para facer o 1-2. Lucas tivo o 1-3 cunha falta pero enviouna ao traveseiro.

Vitoria que lle dá opcións a Idiakez de continuar. Para o Arenteiro significa a segunda derrota na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade