Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria de mérito do Arenteiro sobre a Cultural (1-0)

Vitoria de mérito do Arenteiro sobre a Cultural (1-0)

Moi bo partido dos do Carballiño para achegarse aos postos altos da táboa

Christian Santos foi o heroe local no seu debut co Arenteiro

O céspede foi protagonista polo seu mal estado

G24.gal 10/02/2024 20:54

O Arenteiro foi quen de sumar os tres puntos na visita da Cultural Leonesa ao Carballiño.

Os galegos amosáronse superiores dende a primeira metade, e dispuxeron de oportunidades como para poder anotar máis tantos. O céspede non estaba en condicións óptimas para a práctica dun fútbol moi combinativo, pero os do Carballiño souberon achegarse con accións de fútbol directo.

Na segunda metade, Chistian Santos, o recente fichaxe para substituír a Miku, anotou o gol da vitoria cun remate de cabeza no minuto 80, só tres minutos despois de saltar ao campo como xogador do Arenteiro por primeira vez.

Co resultado, a Cultural perde o terceiro posto co Depor, mentres que o Arenteiro se achega a seis puntos do playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar