Cargando resultados...
Vitoria chave do Coruxo cun dobrete de Andriu fronte ao Marino (2-1)
É a segunda vitoria en liga para un Coruxo que levaba dende a primeira xornada sen gañar
Andriu foi o heroe con un dobrete que remontou o tanto inicial dos asturianos
G24.gal
05/11/2023 18:55
Vitoria do Coruxo fronte ao Marino de Luanco nun partido de vida ou morte para os galegos. Miguel Cuesta adiantou os asturianos no minuto 35, pero os locais remontaron gracias aos dous tantos anotados por Andriu, un no peche da primeira parte (min 45) e outro no treito final do encontro (min 78).
É a segunda vitoria da tempada para os galegos, que levaban oito xornadas sen gañar. Con este triunfo o Coruxo sae do último posto na liga e ponse a tres puntos da salvación, que precisamente marca o Marino de Luanco.