Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria agónica do Cangas cun gol de Brais no último segundo

Vitoria agónica do Cangas cun gol de Brais no último segundo

Os de Nacho Moyano derrotan o potente Bidasoa despois de ir a remolque durante moitos minutos (27-26)

G24.gal 11/02/2023 08:34

O partido entre o Frigoríficos do Morrazo e o Bidasoa Irún comezou cos vascos mandando (1-4) pero o Cangas reaccionou desde a defensa e equilibrou o partido (7-6). As alternativas foron constantes ata o treito final da primeira parte que rematou cun parcial de 0-4 para os visitantes que se foron ao descanso tres goles arriba (13-16). 

Esa vantaxe mantívose durante moitos minutos do segundo tempo (16-20) ata que o Frigoríficos, cun parcial de 3-0 se poñía por diante despois de moitos minutos (23-22). A partir dese intre cada gol dun equipo era respostado polo rival. A 30 segundos do final Zabala puxo o empate a 26, pero na última xogada do partido o lateral Brais acertaba para darlle tres puntos fundamentais aos do Morrazo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade