Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vítimas de Adamuz comparecen na comisión de investigación do Senado

Vítimas de Adamuz comparecen na comisión de investigación do Senado

A comparecencia terá lugar ás 10.30 horas no Senado e constitúe para a asociación "un paso significativo para que as vítimas poidan ter voz nunha das máis altas institucións do Estado"

Imaxe de arquivo. (EuropaPress) Imaxe de arquivo. (EuropaPress)
G24.gal 24/05/2026 17:41

O presidente da Asociación Vítimas Descarrilamento Adamuz, Mario Samper, ten previsto comparecer este luns 25 de maio na Comisión de Investigación sobre o estado da rede ferroviaria en España do Senado.

A comparecencia prodúcese por mor das solicitudes que cursaron e é "un importante avance no seu labor de visibilidade, esclarecemento dos feitos e asunción de responsabilidade".

A comparecencia terá lugar ás 10.30 horas no Senado e constitúe para a asociación "un paso significativo para que as vítimas poidan ter voz nunha das máis altas institucións do Estado".

Desenvolverase segundo o formato de pregunta-resposta: os portavoces dos grupos parlamentarios na Comisión formularán as súas preguntas comezando polo grupo propoñente, seguido dos demais grupos parlamentarios, de menor a maior representación.

A asociación valorou esta comparecencia como "un recoñecemento ao esforzo colectivo das vítimas e un avance na procura da verdade e no compromiso de que situacións como a ocorrida non volvan repetirse".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade