Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza reclama a Adif documentación pendente sobre o tramo do accidente de Adamuz

A xuíza reclama a Adif documentación pendente sobre o tramo do accidente de Adamuz

Tamén ordena unha nova análise das caixas negras por parte de técnicos alleos á investigación inicial 

Europa Press - Arquivo Europa Press - Arquivo
G24.gal 15/07/2026 12:30

A xuíza de Montoro que investiga o accidente ferroviario de Adamuz (Córdoba), no que o pasado 18 de xaneiro morreron 46 persoas, requeriu a Adif a documentación relativa ás obras de renovación do tramo onde se produciu o sinistro, que aínda non foi incorporada á causa. 

Entre a información solicitada figuran os proxectos de mellora integral da infraestructura, a renovación dos desvíos, a subministración de balastro e os traballos realizados na liña aérea entre Guadalmez e Córdoba. 

Nova análise das caixas negras 

A maxistrada tamén pediu á Garda Civil que identifique técnicos do fabricante do tren Alvia, e de Renfe e Iryo, para realizar unha nova análise e interpretación dos datos das caixas negras. O obxectivo é que paticipen profesionais distintos dos que elaboran o informe da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF). 

Ademais, autorizou á CIAF a consultar os informes de autopsia das vítimas en sede xudicial, sen posibilidade de facer copias e preservando a súa identidade. 

Dúbidas sobre o estado das vías 

A Garda Civil remitiu á xuíza unha batería de vinte preguntas dirixidas aos peritos xudiciais para esclarecer as causas do accidente. Entre elas, figuran cuestións sobre o estado da vía, os defectos detectados meses antes do sinistro, o mantemento da infraestructura e se a antigüidade dos materiais ou as soldaduras puideron contribuír á fractura que provocou o accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade