Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo de desafiuzamento das exmonxas do mosteiro de Belorado

Visto para sentenza o xuízo de desafiuzamento das exmonxas do mosteiro de Belorado

Fronte á demanda do arcebispado de Burgos, as relixiosas manteñen que o mosteiro é delas 

As oito relixiosas excomungadas considéranse unha entidade xurídica e cuestionan a postura do arcebispo, Mario Iceta

G24.gal 29/07/2025 14:59 Última actualización 29/07/2025 16:12

No terceiro intento, celebrouse á fin o xuízo promovido polo arcebispado de Burgos para que as monxas excomungadas de Belorado abandonen o mosteiro. A vista foi no xulgado de Briviesca, cunha gran cobertura de seguridade e tamén de medios de comunicación. As oito relixiosas reiteraron que elas se consideran as propietarias lexítimas do inmoble e cuestionaron a postura do arcebispo, Mario Iceta.

Porque el señor Iceta non ten outro movemento que a súa propia ambición para quedar cos nosos mosteiros. Nós sometémonos ao xuízo da terra, pero vivimos do xuízo de Deus. O mosteiro é noso, non é da igrexa conciliar, non pertence a ninguén. 

Somos autónomas; é noso, somos unha entidade xurídica.  Decida o que decida a señora xuíza, temos a conciencia moi tranquila,  asegurou Sor Berit, unha das oito monxas excomungadas do mosteiro de Belorado.

O avogado das exmonxas, Florentino Aláez, baseou a súa defensa en que as persoas xurídicas gozan de liberdade relixiosa e, polo tanto, do dereito a separarse dunha confesión relixiosa, e insistiu en que cando tomaron a decisión en maio do ano pasado fixérono como comunidade relixiosa.

Aláez asegurou que polo tanto non foron as exmonxas as que, a título individual, decidiron separarse da Igrexa católica senón a comunidade do mosteiro de Santa Clara de Belorado, de xeito que elas seguen sendo as titulares propietarias do convento.

Pola súa parte, o avogado do arcebispado afirmou que una separación da Igrexa católica por parte dunha entidade relixiosa é cuestión do dereito canónico, e apuntou que, no caso de Belorado, as exmonxas perderon a súa condición de relixiosas o 8 de maio.

A vista nos xulgados de Briviesca, coma case todos os movementos das monxas, contou cunha gran cobertura mediática A vista nos xulgados de Briviesca, coma case todos os movementos das monxas, contou cunha gran cobertura mediática
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar