Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visitas guiadas e caracterizadas polas camelias do castelo de Soutomaior

Visitas guiadas e caracterizadas polas camelias do castelo de Soutomaior

A Deputación pon en marcha estas visitas en grupos dunhas 20 persoas aproveitando o momento de floración deste arbusto.

Hai unhas 400 variedades desta flor que ocupa gran parte destes xardíns do castelo de Soutomaior, declarados de excelencia internacional.

G24.gal 12/02/2023 21:06 Última actualización 12/02/2023 21:29

É unha flor de orixe asiática pero aquí en Galicia atopou o seu medio ideal para afianzarse como unha árbore protagonista da nosa paisaxe. Tanto é así que nos xardíns do castelo de Soutomaior, os primeiros de España en obter a excelencia internacional, organizan ata finais de marzo visitas guiadas e caracterizadas para gozar da súa floración.

Unha visita, neste caso caracterizada por tres mulleres que guían o noso percorrido. Emilia Pardo Bazán, María Vinyals e Coco Chanel. Con elas coñecemos a historia pero tamén as curiosidades dunha flor con múltiples beneficios.

Estes xardíns albergan uns 400 exemplares de camelias. Precisamente desta planta sae unha das bebidas máis consumidas do mundo, o té, e aquí teñen a súa propia plantación. 

Nestes xardíns está unha camelia catalogada como árbore senlleira de Galicia. Ten 18 troncos e data do século XIX. Grazas á polinización é capaz de producir flores de ata catro cores diferentes. As marabillas da natureza nun espazo que invita á divulgación e á súa conservación.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade