Cargando resultados...
Virginia Rota, premio Galicia de fotografía contemporánea, expón en Ourense
Ata o 7 de xaneiro, no espazo de arte de Roberto Verino, na tenda do deseñador

G24.gal
14/11/2022 20:07
Última actualización 14/11/2022 21:16
O mundo ao principio é o suxestivo título da mostra que se acaba de inaugurar no espazo de arte de Roberto Verino de Ourense.
É unha exposición de Virginia Rota, gañadora do Premio Galicia de Fotografía contemporánea, que promove a asociación Outono Fotográfico.
A autora traballou con 25 cativos, retratados na mostra, que tamén realizaron as súas propias fotografías. Permítenos observar as olladas non contaminadas pola educación e a contorna.