Viralízase nas redes sociais o quefacer diario dunha mercería da Coruña
Ramón Santos acumula millóns de visualizacións en TikTok cun vídeo en MSR na procura dun botón
Ramón Santos acumula millóns de visualizacións en TikTok cun vídeo en MSR na procura dun botón na súa mercería.
"As redes sociais son o presente e a mercería está no presente e por iso estamos nas redes sociais. Son importantes porque son o escaparate perfecto cara á xente".
Vencellado profesionalmente ao sector téxtil, Ramon fíxose cargo en 2019 da Crisálida, unha mercería das de toda a vida que remonta a súa orixe aos anos 40 do século pasado. A súa peculiaridade: a especialización.
"Nós non temos paquetería por exemplo, non temos roupa interior como outras mercerías. Estamos totalmente e absolutamente especializados en mercería e labores como fíos e todos os insumos que son necesarios para costura, para facer arranxos e todo iso. O noso obxectivo é que a mercería non só continúe senón que creza. Que moitísima máis xente poida vir e que se afeccione aos labores ou á confección ou haxa tamén un cambio de mentalidade e que a xente volva arranxar a súa roupa e non sexa todo tan fast fashion e usar e tirar".
Para acadar o seu propósito Ramón atopou un aliado nas redes sociais.